Rúa Durán Loriga, Nº 2 - 2º
A Coruña
15003
RECLAM
Tipo de organización
Empresa
Anos de experiencia profesional
Máis de 10
Idiomas de comunicación
Galego
Castelán
Reclam é unha axencia de publicidade que proporciona servizos integrais principalmente en creatividade, estratexia cross-media e dixital. Somos a axencia de publicidade con maior traxectoria de Galicia con 80 anos.

Nacemos no 1940 como unha pequena xestoría que daba resposta a comerciantes locais en prensa. Cos anos, foi derivando nunha axencia de publicidade, crecendo á par que as grandes marcas galegas, convertíndonos nun referente da publicidade no norte do país.

Pero o valor da axencia non é só os anos que leva no mercado, senón porque soubo adaptarse aos tempos a base de moito traballo, competitividade e moitas ganas.

A partir do 2010 a axencia afronta un novo reto, replantexalo todo. Desde entón forman un equipo xove, innovador e con moito talento, con grandes profesionais en dixital, marketing, estratexia, planificación e creatividade en constante aprendizaxe.