Deseño dixital - web
Cliente
Vai de Peixe
Data do proxecto
Lanzamos Vai de Peixe, unha campaña da Xunta de Galicia que tiña como obxectivo promover o consumo de peixe entre a mocidade.
Para que a mensaxe fose efectiva e notoria para elxs, contamos con prescritores de luxo: a atleta Ana Peleteiro, a presentadora Eva Iglesias e os youtubers Percebes & Grelos e Coque Macho.
Creamos a marca, a web, elaboramos a estratexia dixital, branded content para que a campaña tivese un longo percorrido en redes sociais, deseñamos merchandising, vídeo concept de campaña e organizamos unha chea de eventos por toda Galicia para achegar a universidades e festivais as receitas máis ricas con peixe e os produtos do mar como ingredientes principais.
Finalistas na categoría de Mellor Estratexia Dixital nos Premios Paraugas 2019.
Audiovisual: https://youtu.be/92A9CrssZrM