Deseño publicitario e promocional - Campañas publicitarias:
Cliente
Froitomar
Data do proxecto
Campaña para Froitomar, «El bacalao islandés con acento gallego». A idea vira arredor dun concepto chave: o mellor bacallau do mundo está en Islandia. Decidimos explotalo en todos os sentidos para conseguir a máxima notoriedade posible, ata o punto de que as mensaxes principais da campaña, tanto en gráfica como en radio e audiovisual, están en islandés. Gravada entre Islandia e Galicia, a campaña ten presenza en televisión, prensa, revistas especializadas, radio, publicidade exterior e márketing dixital. E por suposto, parafraseando o copy, cando o probas enténdelo todo.
Premio á Mellor Creatividade Audiovisual nos Premios Paraugas 2018.
Spot: https://youtu.be/_Ar1YwerEIM
Making of: https://youtu.be/m-3MTn5M1NQ
Premio á Mellor Creatividade Audiovisual nos Premios Paraugas 2018.
Spot: https://youtu.be/_Ar1YwerEIM
Making of: https://youtu.be/m-3MTn5M1NQ