La Románica - Concept Store
Cliente
La Románica
Data do proxecto
O mundo da alimentación garda moitos misterios, os nosos antepasados sabían moi ben para que servía cada herba, raíz e planta. Esta era a medicina dos nosos devanceiros, comer conscientemente, saber para que serve cada froita que nos dá a terra. Para o restaurante La Románica, Imaisdé crea un espazo alegórico a unha taberna romana a través da austeridade dos materiais e un profundo estudo da luz natural e artificial. O arco convértese nun elemento da arquitectura de interiores que caracteriza e contextualiza o concepto gastronómico e divide sutilmente os espazos. Deseñamos este proxecto para celebrar a gastronomía romana en todo o seu esplendor, con auténticos ingredientes locais e ecolóxicos de Galicia.