AFONTANCORTES
Coworking
Vigo
36204
Ola freelancers, pemes e axencias!

Preséntome como un Director Creativo con experiencia en medios dixitais e convencionais. Como freelance axudo a empresas e profesionais a consolidar a súa transformación dixital a través de instrumentos de branding.

Desde 2007 tiven a oportunidade de traballar en diferentes contornas profesionais cuxas experiencias me capacitaron para o desenvolvemento íntegro de proxectos, participando en encargos para produtoras audiovisuais, provedores de formación e-learning, startups tecnolóxicas, artistas musicais, firmas de moda e organismos institucionais, entre outros clientes.

Dispoño dun perfil multidisciplinar que me permite abordar encargos específicos proporcionando solucións de comunicación tanto integrais como a medida.

Calquera consulta é benvida.