O mapa de provedores é un catálogo online de profesionais galegos do sector deseño (axencias, estudos de deseño e profesionais autónomos) para difundir a súa oferta de servizos (carteira de proxectos), traxectoria profesional e os seus proxectos de referencia.
O mapadesenogalego é o primeiro directorio de provedores de servizos de deseño en Galicia que aglutina todas as especialidades do sector relacionas con: deseño gráfico e comunicación visual, deseño audiovisual e multimedia, consultoría estratéxica de deseño, deseño industrial e de produto e deseño de moda. Nace cun doble obxectivo:
-
Dar visibilidade e facilitar a difusión da actividade desenvolvida polos profesionais e as empresas de deseño galegas.
-
Facilitar ás empresas innovadoras o acceso, a través dun punto único, á información sobre servizos e solucións de deseño que podan propiciar oportunidades de crecemento, innovación e mellora da competitividade.
Que beneficios che achega o mapa como deseñador?
-
Notoriedade de marca
-
Oportunidade de negocio
-
Especialización
-
Visbilidade dos teus proxectos e casos de éxito
-
Networking e interacción con outros deseñadores e clientes
Que beneficios che achega o mapa como empresa?
-
Información de servizos á medida das túas necesidades
-
Optimización da busca de profesionais ao aglutinar todas as disciplinas nun único escaparate
-
Acceso directo aos profesionais á través das súas coordenadas de contacto
Como participo?
-
Se son un proveedor de servizos de deseño rexistrándote na plataforma
-
Se son unha empresa ou profesional que busca servizos accedendo ao buscador correspondiente sen necesidade de alta.
Mapadesenogalego.gal é unha iniciativa promovida pola Axencia Galega de Innovación no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020 que impulsa este sector como motor de innovación e competitividade nas empresas.