Abadía da Cova
Cliente
Adegas Moure SA
Data do proxecto
A evolución de dúas identidades: A familia Moure buscou unificar a identidade da súa adega, sen deixar de ser Adegas Moure, produtora de viños e augardentes, e Abadía da Cova, marca comercializadora dos produtos amparados baixo a denominación de orixe Ribeira Sacra e Augardentes. de Galicia.
O proxecto céntrase no redeseño do que inicialmente se presentou como dúas marcas independentes que podían convivir xuntas, pero que técnicamente non funcionaron.

Modernizamos a tradición: Para solucionar problemas de consistencia no uso da marca, de lexibilidade e de convivencia, proponse unha identidade que presente ambas as marcas xuntas pero que á súa vez poida funcionar de forma independente sen perder a coherencia de significado. Concibida para transmitir os valores da empresa, a tradición ancestral de orixe monástica e o enclave natural no que se elaboran os seus produtos, créase unha identidade sabia, moderna e compacta.
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Imaxe 4