Logotipo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Cliente
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Data do proxecto
Con esta proposta, buscábamos atopar un símbolo que reflexara unha institución seria e fiable, ao mesmo tempo que fose moderna, aberta e evolucionara coa sociedade. Queriamos comunicar que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ofrece respostas imparciais aos conflitos, protexe ás vítimas e garante os seus dereitos. O noso obxectivo era que este símbolo fose recoñecible pola sociedade en xeral e funcionase harmoniosamente xunto a outros logotipos institucionais. Para acadar estes obxectivos, baseámonos en dous iconos que representaban mellor a marca: a bandeira galega e unha balanza (símbolo da xustiza). Vimos que, ao simplificar ao máximo a bandeira, obtíñamos un símbolo que tamén incorporaba a balanza e exemplificaba o mencionado anteriormente.