Destino de moda
Cliente
Concello de Ourense. Turismo.
Data do proxecto
Para dar a coñecer os valores turísticos da cidade, o Concello de Ourense convoca un concurso para a súa campaña de promoción turística. A premisa: non centrarse no termalismo, pero non deixalo de lado. A nosa proposta, que resultou gañadora, baseouse na integración do termalismo co resto de opcións turísticas da cidade: unha familia vestida para bañarse nas termas pero visitando museos, gozando da hostalería, comprando…