COB x LOS SUAVES
Cliente
Club Ourense Baloncesto S.A.D.
Data do proxecto
Despois de 10 anos xestionado a imaxe do Club Ourense Baloncesto e 6 anos deseñando os equipamentos, quixemos dar un paso máis e unir as nosas paixóns: deseño, basket e música. Vímolo claro, tiñamos que render tributo aos Suaves.
O primeiro reto era unir gráficamente ambos os mundos, despois de ver a reacción de Yosi á primeira proposta vimos que iamos por bo camiño.
O seguinte paso era integrar o patrocinador para que non fagocitase o deseño. Por sorte era Estrela Galicia, e desde o primeiro momento envorcáronse co proxecto.
O último paso era o menos complicado, porque dependía nós: adaptar o deseño do equipamento da tempada á edición especial dos Suaves.
Iso se, buscando que tanto os fans do equipo como do grupo estivesen satisfeitos co resultado.
O resultado, máis aló da imaxe, foi espectacular. Más de 1.000 pezas vendidas nun club de LEB prata (3ª división española de basket).
Imaxe 1
Imaxe 2