Buque oceanográfico “Odón de Buen”
Cliente
Astilleros Armón
Data do proxecto
O Odón de Buen é un encargo do Goberno de España ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Presentouse un deseño que terá 84,3 metros de longo e 17,8 metros de ancho, capaz de acoller a 58 pasaxeiros e cunha autonomía duns 50 días de navegación. Poderá operar en todos os océanos do mundo, incluídas as rexións polares, e estudar hábitats e fondos mariños a máis de 6.000 metros de profundidade.
O deseño é totalmente galego e a maquinaria é española nun 80%.
Neste proxecto, como en moitos outros que traballei con Armón, encárgome, xunto coa súa oficina técnica, do deseño exterior do buque.
Imaxe 1