Cartelería Festival Manicómicos
Cliente
Asociación Cultural Manicómicos
Data do proxecto
Manicómicos é unha asociación que cada verán organiza na Coruña un festival de humor baseado en actuacións circenses e pallasos de primeiro nivel. Trátase de teatro de rúa con bastantes toques irreverentes e por suposto cunha carga de crítica desde o humor a todo o establecido.
Tiven a sorte de poder facer xa algunhas edicións e a cartelería adoita ter un denominador común que é ese toque irreverente e o xogo que parte desde o propio cartel como formato. Creo que publicitar en cartelería está a volverse como algo alternativo, ben porque cada vez téndese máis a medios dixitais, ben porque a colocación destes carteis é cada vez máis complexa.
O caso é que o deseño de cartel paréceme un formato estupendo do que hai que partir para logo chegar a outros lugares.