O teu castelo, por poucas moedas de ouro.
Cliente
Inmobiliaria Vesalles
Data do proxecto
Inmobiliaria Versalles está en pleno centro da Feira Medieval de A Coruña e necesitaba unha acción de street marketing para aproveitar a inmensa afluencia de xente de esta festa e traballar a presencia de marca.

Obviamente tiñamos que poñernos as nosas mellores galas (medievais) y empezar a comerciar con que mellor sabíamos facer: inmobles.
Como non era menester acudir a tal evento con calquera facenda, ofertamos os nosos máis grandes castelos en donde, sen ser Duquesa nin Conde, poderías entrar a vivir.

Unha fermosa doncela instaba a raíñas e ilustres cabaleiros a encher un formulario coas súas preferencias para adquirir novos condominios e obsequiábaselles cunha sinxela (pero moi fermosa) saca, moi útil na feira.

O mellor de todo: que esta feira é anual e todo o material é reutilizable, así que o ano que vén volvemos con esta campaña de street márketing. Se non che decidiches polo teu castelo (encantado ou non) podes facelo o verán que vén.
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Imaxe 4
Imaxe 5
Imaxe 6