Etiqueta Colmo Ancares RYE IPA
Cliente
Cervezas Colmo
Data do proxecto
Redeseño da etiqueta desta cervexa artesá. O proxecto xira arredor do centeo cultivado nos Ancares e da recuperación das pallozas e hórreos da zona. En definitiva, trátase dun proxecto circular no que se crea esta cervexa artesá co centeo cultivado e coa palla do mesmo fanse as pallozas. Partindo deste concepto de proxecto circular, xurdiu a idea de reflectir, a través dunha ilustración, o proceso de cultivo, colleita, elaboración e cebado dunha palloza no deseño da etiqueta que fixemos para o proxecto.
Imaxe 1