Complejo deportivo Álvaro Pino
Cliente
Bubot media
Data do proxecto
Traballando da man de Bubot, partimos do material existente para desenvolver unha proposta de logomarca consistente símbolo + logotipo que persegue o recordo e memorabilidade a través da sinxeleza e o impacto visual.

O símbolo, formado por dúas circunferencias superpostas, representadas en negativo, herdan parte da logomarca anterior e buscan atopar o equilibrio entre esforzo e recompensa, nun binomio que gaña forza polo seu impacto e remítenos ás dúas rodas da bicicleta do ciclista homenaxeado Álvaro Piñeiro.

O logotipo, composto por unha tipografía sans serif de trazos uniformes e grosos, condensada, sen perder impacto, busca non estenderse en exceso no eixo horizontal.

Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Imaxe 4
Imaxe 5
Imaxe 6