Deseño interior oficinas Grupo Viqueira
Cliente
Grupo Viqueira
Data do proxecto
O obxectivo do encargo consistiu en acondicionar o espazo para acoller unha zona de atención ao público e unha zona de exposición de materiais e reunións. Para iso encomendóullenos o deseño de varias pezas de mobiliario a medida, como son as mesas e mobiliario integrado, así como o deseño de iluminación, e selección da sillería.

Entre os requisitos do cliente, o uso da madeira e a cor branca eran elementos fundamentais que se debían de respectar na proposta de deseño interior, como así fixemos.
O proxecto de deseño interior expón todos os mobles e revestimentos fabricados en DM lacado en branco, con acabados liso e ranurado coa intención de romper coa planitud monocromática e achegar ritmo visual ao espazo. Estas texturas están presentes tanto na sala de atención ao público como na sala de reunións co fin de crear a sensación dun espazo integral cunha única linguaxe.

Para rebaixar a pulcritude do branco e achegar calidez ao espazo, decídese introducir madeira no moble de almacenaxe e na sillería. Durante a execución da obra, e para suavizar aínda máis a sensación producida polo branco, decídese a substitución dos taboleiros das mesas, alterando irremediablemente algúns detalles construtivos, tales como encontros ou remates inicialmente proxectados.

Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Imaxe 4
Imaxe 5
Imaxe 6