Barbería Shave the Sailor
Cliente
Shave the Sailor
Data do proxecto
Entre o bruto e o delicado atópase a reforma interior da barbería Shave the Sailor, ubicada no centro de Vigo e deseñada cunha clara inpiración
naval pola influenza dos estaleiros da ría.

Un espazo de apenas 55 m2, totalmente optimizado que acolle unha zona de traballo para 3 butacas, un mostrador-bar, un gardarroupa, un office, lava cabezas, aseo e almacén. O local está moi estudado, de tal maneira que cada metro cadrado esprémese ao máximo co fin de sacarlle o maior rendemento sen restar sensación de amplitude.

Mediante unha tabiquería mínima de bloques de formigón, que non chegan ata o teito, delimítanse os espazos máis privados. Mentres, unha pel máis flexible e de carácter semi-transparente e metálica, define o resto de zonas creando un xogo delicado de transparencias e relacións visuais entre as diferentes áreas.
O metal, o formigón e o viroc son os protagonistas do local. O seu acabado ao natural e en bruto intensifican o aspecto final de taller-laboratorio, e avivan a atmosfera garage e industrial tan masculina e desexada polo cliente.

A demáis do uso dos materiais en cru, unha das singularidades da barbaría é o tratamento e integración da luz. A iluminación, xusta e necesaria, axudounos a crear e acondicionar os ambientes de cada fase do proceso de corte e coidado, outorgar a privacidade imprescindible, e a sensación de confort indispensable.

Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Imaxe 4
Imaxe 5
Imaxe 6