EME Floor Lamp
Data do proxecto
Partimos da lámpada EME de teito para facer a súa declinación de pé. Buscamos a mesma versatilidade para iluminar recunchos multifuncionais; mesa de comedor, sofá de lectura, mesa auxiliar ou simplemente luz ambiente.
Sobre un eixo vertical facemos pivotar 3 brazos de diferentes dimensións dos que colgan cada tubo da lámpada EME. Para poder soportar o peso dos 3 brazos utilizamos un elemento de granito rosa de Galicia no pé da lámpada previamente fresado. Este mesmo material atópase nos pequenos pasacables ao final dos brazos e o eixo central. Os tubos seguen sendo cerámicos translúcidos, a madeira achega a calidez e simplicidade a todo o conxunto e o granito rosa, personalidade.
Tecnoloxía integrada. Tanto para acender como para controlar a intensidade de cada unha das lámpadas por separado, integramos un dimmer dentro do propio pé da lámpada, que se activa con 3 aneis da mesma madeira. Isto fai que o regulador quede completamente integrado.
Tradicional. A elección de materiais faise coa intención de explorar novas maneiras de tratar materiais tradicionais. A madeira pode esconder tecnoloxía, o granito rosa pode fresarse para facer compoñentes pequenos e suavizados.
Versátil. Permite iluminar desde grandes espazos onde a disposición é caprichosa ata adaptarse aos pequenos apartamentos cada vez máis comúns nas grandes cidades e onde o aforro de espazo é unha necesidade.