Libro "Todo el tiempo del mundo"
Cliente
Los Libros de Rocamadour
Data do proxecto
Todo o tempo do mundo foi un encargo de «Os Libros de Rocamadour» unha Asociación cultural enfocada á lectura e á edición de obras singulares. Neste empeño, buscan extraer de cada proxecto, os principios esenciais que potencien o conxunto, buscando obter un resultado, non só atractivo, senón significativo.
Todo o tempo do mundo foi a primeira novela de Manuel Olveira, licenciado en Historia da arte e en Belas Artes, director do Centro de Produción e Residencias Artísticas Hangar (Barcelona, 2001-2005), do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC (Santiago de Compostela, 2004-2009), do Ágora, Centro Cultural para o progreso social (A Coruña, 2010-2011) e, desde 2013 ata estes días, do Museo de Arte Contemporánea de Castela e León, MUSAC. Con isto quero sinalar que o libro para deseñar, non podía enfocarse como un libro calquera. Continente e contido tiñan que responder a un concepto común, adecuarse ao sentido e á estética da novela.
Así, por unha banda foi a auga como elemento e fonte de vida o elemento aglutinador, por outro, o propio tacto do volume, aparentemente uniforme, ata que o tes nas mans.
Imaxe 1