BREO.gal
Rúa Valle Inclán, 7, 4º andar
Carballo
15100
Tamén en
Porto (Portugal)
BREO.gal 🦩 colabora desde hai +20 anos en solucións creativas na área do deseño gráfico, editorial, publicitario e programación web para axencias, empresas, profesionais, organizacións e instituicións 🕊️

🥁 Home orquestra, así se define o meu perfil profesional, multidisciplinar: gústame traballar en proxectos e organizacións que requiren comunicación gráfica en distintos formatos e tamén solucións web, a nivel sinxelo ou complexo.

🖖 Experiencia en proxectos creativos e desenvolvemento realizados totalmente baixo a miña responsabilidade ou colaborando nun equipo de traballo ou axencia con deseñadores, asesores comerciais, programadores, xa sexa realizando programación web a partir de deseños facilitados pola axencia, ou creando aplicacións de base creatividade, ben mellorando o SEO de unha web man a man con persoas expertas en posicionamento, ou elaborando un orzamento colectivo, ou colaborando cun equipo de estratexia de comunicación.