BRANDING VIÑO ADAMARE
Cliente
Adamare Wines
Data do proxecto
Branding para viño da zona Ribeira Sacra, o nome é un verbo en latín que significa "amar algo de forma extrema" e foi elixido para ilustrar a vinculación do viño con esa terra de viticultura heroica. A etiqueta é un concepto visual do propio nome, que mostra un corazón humano sanguento atravesado por unhas tesoiras de podar. Nun exercicio de creatividade, a etiqueta só mostra a ilustración, sen o nome, que aparece na contraetiqueta.