Desoños, SL
Urzáiz 8. 1º
Vigo
36201
Desoños é un estudio de deseño moi versátil que dá resposta, desde unha perspectiva estratéxica, a proxectos de consultoría e deseño de marcas, deseño de envases e embalaxes, editorial, proxectos museográficos e deseño dixital. Noelia Estévez e Carlos Álvarez fundaron o estudio en 2001 e actualmente contan cun equipo de 9 persoas. Nestes máis de 20 anos de traxectoria, Desoños levou a cabo proxectos de deseño para grandes empresas e institucións como Pescanova, Kaleido Ideas and Logistics, Afundación, Fundación Barrié, Grupo Zendal, Ezpeleta, Terras Gauda, Fundación Cidade da Cultura ou Nove Grupo Gastronómico. Ao longo da súa traxectoria foi galardoado con diferentes premios e recoñecementos como un Premio Laus de Bronce e un Anuaria de Ouro polo deseño da tipografía corporativa de Pepe Vieira, Premios Paraugas ao mellor deseño dixital en 2017, 2018 e 2022, unha Selección nos Premios Latampack 2018 como Mellor packaging de bebidas e Mellor deseño en identidade corporativa, mellor deseño dixital e mellor gráfica de exposición nos Luxury Advertising Awards 2017.