Rua da Pedreira, nº33A
Soutomaior
36691
FrutoDS
Tipo de organización
Empresa
Anos de experiencia profesional
Máis de 10
Idiomas de comunicación
Galego
Castelán
Inglés
FrutoDS é un estudo de deseño, especializado en proxectos de innovación e deseño de novos produtos para a industria.
Entendemos o deseño como un proceso de innovación centrado nas persoas, como unha ferramenta estratéxica capaz de atopar o equilibrio entre factores tecnolóxicos, económicos, produtivos e emocionáis.
Promovemos a competitividade das empresas a través do deseño. Buscamos a harmonía, a proporción e o guiño que namora, pero sempre desde a análise previa das particularidades de cada proxecto. Afondar nos obxectivos da empresa; a canle comercial, o marco produtivo e normativo que utiliza; para adaptar todo isto ás necesidades e expectativas do usuario.
Temos un equipo con máis de 15 anos de experiencia, adestrado para abordar o deseño dun produto de principio a fin. Con profesionais especializados en estratexia, creatividade e desenvolvemento para a produción. Cunha ampla experiencia multisectorial, ofrecemos solucións a todo tipo de empresas que aplican metodoloxías áxiles, baseadas no coñecemento de resolver dun xeito cun proceso de produción ou outro e na importancia de escoller a solución máis adecuada para reducir o impacto ambiental do novo produto.