Praza Maior 7, 2
Ourense
32005
988
Tipo de organización
Empresa
Anos de experiencia profesional
2 a 10
Idiomas de comunicación
Galego
Castelán
Inglés
Somos un grupo de creativos e técnicos especializados en Deseño e Arquitectura.
Creamos conceptos icónicos a través da estratexia, implementando solucións sostibles, de alta calidade e enfocadas nas necesidades do usuario final.
Arquitectura, Deseño gráfico, de Produto e Dixital. Servímoscho todo xunto ou por separado.
Se estás creando unha empresa ou queres renovar a túa marca, é probable que precises adaptala ás diferentes plataformas e soportes (espacial, editorial, dixital...), o que esixe moitas veces ter que botar man de varios equipos e distintos proveedores.
Podemos axudarte a facer todo iso dende un único punto de xestión, co que aforrarás cartos e moito tempo.
Somos especialistas en crear e resolver sistemas abertos de comunicación que aportan valor á túa marca e baseados nas necesidades do teu negocio.