QuiruNet Solutions
Apartado 31
Ribeira
15970
QuiruNet Solutions é unha axencia de deseño e publicidade multimedia que ofrece solucións integrais a todo tipo de proxectos relacionados coas novas tecnoloxías. Aportamos unha ampla experiencia e un bo coñecemento do mercado da comunicación, especialmente do sector da comunicación dixital.

O ámbito de actuación de QuiruNet Solutions abarca dende o desenvolvemento de Proxectos en Internet, Deseño Gráfico, Identidade Corporativa, Edición Multimedia, Deseño de Packaging, Marketing Social, Publicidade, Comunicación Visual. Sempre comprometidos en ofrecer unha solución inmediata a todos os problemas multimedia e de imaxe que poida ter unha empresa. O obxectivo máis importante de QuiruNet Solutions é satisfacer sempre as expectativas dos clientes.