Estratividad Agencio! de Publicidad
Calle Industrial 1, entreplanta 5 +6
A Coruña
150005
Ola!
Somos un axenciO! de publicidade... sí, sí, liches ben...un axenciO!
Porque che damos todo o que che dá unha axencia de publicidade e un estudo de deseño.
Somos moi riquiños e a verdade é que mola bastante traballar connosco ;-)
Anímasche a coñecernos?

Podemos facer por ti mooooooitas cousas, entre outras:

CREATIVIDADE PUBLICITARIA
Prensa, radio, márketing directo, exterior…
Sempre hai dúas formas de contar as cousas.
A nosa é a outra.

DESEÑO GRÁFICO
Deseño, maquetación e desenvolvemento de folletos, catálogos corporativos, deseño editorial…
Do illustrator en branco á arte final para imprenta.
Gústanos todo o proceso!

IDENTIDADE CORPORATIVA
Deseño e desenvolvemento de naming e branding. Desde o deseño do logotipo ata a parametrización do mesmo, para todos os medios e soportes a través de Manuais de Identidade Corporativa.

WEB
Deseño e programación web adaptado a todos os dispositivos. WordPress, Joomla, Prestashop, HTML5… Sempre un paso por diante do 2.0.

REDES SOCIAIS
Xestionamos a presenza en liña de marcas e empresas en Facebook, Twitter, Linkedin, G+, Youtube, Pinterest…
Vivimos con 100 contrasinais na cabeza. E gústanos.

VÍDEO
Guión, desenvolvemento e realización de todo tipo de proxectos: anuncio, vídeo corporativo, vídeo empresarial…

Pásache ao método estrativo!