V&BA estudio
Elduayen 13, 1º
Baiona
36300
V&BA é un estudo de arquitectura, deseño gráfico e web con base en Baiona (Pontevedra) e formado pola arquitecta Elena Gimeno e o deseñador Enrique Pereira
Desenvolvemos proxectos integrais resultado da simbiose entre identidade, arquitectura, luz e deseño gráfico.
Coma equipo confiamos nun proceso creativo que unifica técnica, experiencia e coñecemento, ofrecendo solucións sensibles e creativas a problemas de relación espacial e comunicación visual; que se expresan mediante unha linguaxe clara, directa e precisa e axustadas a orzamento.
Gustamos de xerar sinerxías que sitúen ao cliente no centro.
Levamos a cabo unha serie de dinámicas nas que o cliente participa no proceso de deseño. Estas actividades permítennos obter unha maior información sobre o proxecto, comprender as necesidades reais deste, detectar as súas carencias e fortalezas co obxectivo de mellorar e consolidar unha correcta relación cliente-estudio, e sobre todo, aportar valor e personalidade aos proxectos.