Queiro
Crta. A Lanzada, 32 1º
Portonovo
36970
Queiro somos un pequeno estudio cunha paixón en común: o deseño de interiores. É por iso que nos involucramos en cada proxecto como se fose noso, tratando de que sexa único e teña carácter propio. Para elo contamos cun equipo de colaboradores especializados en deseño gráfico, debuxo técnico, deseño 3D, construcción, control de obra e mobiliario.
Estamos especializados en deseñar negocios rentables utilizando o interiorismo como a ferramenta clave que che axudará a vender máis. Cando invirtes no teu negocio necesitas algo máis que un espazo bonito. Necesitas un espazo diferenciador e único, un espazo que funcione, onde a esencia do teu negocio esté en perfecta consonancia co deseño interior. Ahí é onde entramos nos, axudándoche a orientar a túa proposta de negocio cun espazo deseñado para destacar sobre a competencia.