ALEO ESTUDIO SL
TERESA HERRERA 10 PRIMERO
A CORUÑA
15004
Aleo Estudio é unha axencia nacida e con sede na Coruña que desenvolve proxectos de deseño gráfico e comunicación corporativa para pemes locais e
grandes empresas nacionais. A área de negocio de Aleo Estudio é moi heteroxénea, xa que se configurou un cadro de persoal flexible e multidisciplinar. Pero nos últimos dous anos gañou peso a presenza de clientes da provincia coruñesa, con especial incidencia no gran consumo e no sector agrario, que como é sabido inciden moito no PIB da provincia. A nosa colaboración con empresas consolidadas destes sectores como Casa Grande de Xanceda, Torre de Núñez, Feiraco, De Heus ou Coren son só algúns exemplos de como Aleo Estudio ten un negocio moi arraigado na provincia.