O primeiro directorio online de profesionais e empresas galegas do sector deseño.
Unha ferramenta de traballo para conectar oferta e demanda que ofrece:
› A profesionais e estudos de deseño galegos: visibilidade e promoción da súa oferta e actividade.
› A empresas demandantes de servizos de deseño un punto único de acceso á información sobre provedores, incluíndo o seu catálogo de oferta, os seus proxectos de referencia e os seus datos de contacto.
mapadesenogalego.gal é unha iniciativa impulsada pola Axencia Galega de Innovación no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - DIFERENZA, que aposta pola innovación e o deseño estratéxico para a transformación social e económica de Galicia dende unha perspectiva sostible.
Se es profesional do sector do deseño, rexístrate e mostra o teu traballo Rexistro
Se es unha empresa que demanda servizos de deseño, busca o teu provedor/a ideal Buscador