Enrique Ojea Design Studio
Calle Urzaiz 80 5ºB
Vigo
36204
Somos un estudo de deseño industrial con sede en Vigo. Ás nosas costas, proxectos de gran envergadura en deseño de automoción, traballando para marcas internacionais como Alfa Romeo, Fiat, Maserati ou Seat en Italia (Milán e Turín) e España (Barcelona) durante máis de 12 anos.

A nosa curiosidade e inquietude levounos a lanzarnos a novos retos en campos moito máis globais, como o deseño de produto, interiorismo, iluminación, transporte e mobiliario. Gústanos poñernos na pel de cada cliente, entender as súas necesidades e crear unha solución adecuada a través de deseños tan estéticos como funcionais. Acompañámosche desde a conceptualización ata a produción, sempre cunha visión innovadora e un enfoque fresco e contemporáneo.

Selección de materiais, combinación de técnicas e creatividade son as nosas ferramentas para dar vida a obxectos, espazos e conceptos cunha esencia única.