Severino Riveiro Tomé, 3, baixo
Santiago de Compostela
15702
DARDO
Tipo de organización
Empresa
Anos de experiencia profesional
Máis de 10
Idiomas de comunicación
Galego
DARDO é un estudio de deseño especializado en estratexia e produción de proxectos culturais. Con editorial propia, DARDO destaca pola súa experiencia no deseño editorial e a organización de exposicións e eventos ( planificación, deseño, conceptualización, desenvolvemento, gráfica e montaxe) así como mediación e deseño de actividades. Ademais realizamos comunicación corporativa, publicidade e marketing estratéxico e páxinas web.
Avanzamos sen descuidar a cultura e os valores esixidos internamente e aos nosos colaboradores, prestando especial atención aos conceptos de sustentabilidade e responsabilidade desde o punto de vista económico, social e medioambiental.
En 2017 DARDO crea a Fundación DIDAC (DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas)