O MAPA DE PROVEDORES DE SERVIZOS DE DESEÑO

O mapa de provedores é un catálogo online de profesionais galegos do sector deseño (axencias, estudos de deseño e profesionais autónomos) para difundir a súa oferta de servizos (carteira de proxectos), traxectoria profesional e os seus proxectos de referencia.

O mapadesenogalego é o primeiro directorio de provedores de servizos de deseño en Galicia que aglutina todas as especialidades do sector relacionas con: deseño gráfico e comunicación visual, deseño audiovisual e multimedia, consultoría estratéxica de deseño, deseño industrial e de produto e deseño de moda. Nace cun doble obxectivo:

  • Dar visibilidade e facilitar a difusión da actividade desenvolvida polos profesionais e as empresas de deseño galegas.

  • Facilitar ás empresas innovadoras o acceso, a través dun punto único, á información sobre servizos e solucións de deseño que podan propiciar oportunidades de crecemento, innovación e mellora da competitividade.

Que beneficios che achega o mapa como deseñador?

  • Notoriedade de marca

  • Oportunidade de negocio

  • Especialización

  • Visbilidade dos teus proxectos e casos de éxito

  • Networking e interacción con outros deseñadores e clientes

Que beneficios che achega o mapa como empresa?

  • Información de servizos á medida das túas necesidades

  • Optimización da busca de profesionais ao aglutinar todas as disciplinas nun único escaparate

  • Acceso directo aos profesionais á través das súas coordenadas de contacto

Como participo?

  • Se son un proveedor de servizos de deseño rexistrándote na plataforma

  • Se son unha empresa ou profesional que busca servizos accedendo ao buscador correspondiente sen necesidade de alta.

Mapadesenogalego.gal é unha iniciativa promovida pola Axencia Galega de Innovación no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020 que impulsa este sector como motor de innovación e competitividade nas empresas.